Saltar ao contido

Xestión hoteleira

Guía: como exportar con Roomdoo os datos para a enquisa de ocupación do INE para establecementos hoteleiros

· admin

Actualización [novembro de 2026]

O INE substituíu a súa antiga plataforma por IRIA e algunhas pantallas desta guía cambiaron. A guía actualizada, con capturas de IRIA e os erros máis frecuentes ao subir o ficheiro, está en Roomdoo Academy.


Guía paso a paso para facer o envío de datos da enquisa de ocupación en aloxamentos turísticos do INE para establecementos hoteleiros desde Roomdoo

A EOH é a Enquisa de Ocupación Hoteleira; debes recibir unha comunicación oficial cos datos necesarios para proceder a cubrila. Esta comunicación, que pode ser por correo electrónico ou carta, contén un número de expediente e un contrasinal.


ℹ️ Pasos para completar a enquisa de ocupación hoteleira con Roomdoo

  • 1. Recibe a notificación do INE
    • Recibirás unha comunicación do INE co número de orde e un contrasinal. Esta comunicación pode chegar por correo electrónico ou carta, e nela pídese o envío dos datos de ocupación dunhas datas concretas. É importante envialo canto antes para evitar sancións e emendar calquera posible erro.

  • 2. Accede á páxina do INE
    • Entra en IRIA, a plataforma do INE, para responder a enquisa EOH.
    • Introduce o n.º de orde e o díxito de control (DC) que che proporcionaron.


  • 3. Carga de datos na plataforma do INE
    • Unha vez dentro, engade o correo electrónico válido do teu hotel.

    • Na sección correspondente, fai clic en «EXAMINAR» e sube o ficheiro XML* cos datos solicitados.

  • 4. Xerar o ficheiro XML desde Roomdoo
    • Co hotel do que queiras exportar os datos xa seleccionado, accede ao planning de Roomdoo.
    • No menú lateral, na sección “Informes”, debes premer no informe “INE”.
    • Selecciona o mes completo que che pide o INE, do día 1 ao último día do mes, aínda que o cuestionario mencione unha semana ou unha quincena, e fai clic en “Generar Informe”.
    • Descarga o informe e gárdao no teu equipo.



  • 5. Subir o ficheiro XML de Roomdoo ao INE
    • Na plataforma do INE, debes subir o ficheiro xerado por Roomdoo.
    • Unha vez subido, agarda uns segundos e cargarase toda a información recompilada.
    • Para finalizar o proceso correctamente, debes ir á lapela “Precio y Personal” e facer clic en “Enviar Formulario”.
    • Nese momento, compróbase que todo estea correcto e, en caso contrario, os erros mostraranse na pantalla e, mentres non se corrixan, o ficheiro non se enviará.
    • Exemplo de notificación de que o ficheiro é correcto:


    • Ao facer clic en “Aceptar”, obterás o acuse de recibo de que enviaches correctamente o ficheiro.


  • 6. Corrección de erros e validacións
    • Se hai erros no ficheiro, mostraranse na pantalla ao tentar envialo. Corrixe os erros indicados e téntao de novo. Unha vez que o ficheiro estea correcto, preme en “Aceptar” para recibir o acuse de recibo.
    • Este é un exemplo de notificación de erros detectados no ficheiro.


    • Asistencia: se tes dúbidas, podes contactar connosco a través de soporte@roomdoo.com, achegando unha captura de pantalla do erro para que poidamos axudarche de forma máis precisa.

Manual detallado do INE

Se tes algunha dúbida, sempre podes consultar en detalle o manual do INE a través da seguinte ligazón:

https://roomdoo.com/wp-content/uploads/2024/10/MANUAL_XML.pdf

Para calquera consulta ou erro sobre o procedemento coa enquisa do INE, contacta con soporte@roomdoo.com

EOAP: para a Enquisa de Ocupación en Apartamentos Turísticos (EOAP), pide o ficheiro a soporte indicando a propiedade e o mes, ou enche o formulario en pantalla en IRIA. Tes o detalle na guía de apartamentos.