Saltar ao contido

Odoo Community Association · Código aberto

O PMS hoteleiro da comunidade de Odoo, construímolo nós

Roomdoo apóiase en OCA/pms, os módulos de xestión hoteleira de código aberto da Odoo Community Association. Escribímolos nós, formamos parte do equipo que os mantén e somos membros activos da comunidade de Odoo, na OCA e en AEOdoo.

2016
empezamos o PMS hoteleiro en Odoo
7
módulos de OCA/pms coa nosa sinatura
2.000+
commits do noso equipo
400+
versións publicadas en PyPI

Membros activos da comunidade

Case todos levan a súa ligazón para comprobalo.

Partners de Odoo
CommitSun Tech (Roomdoo) é partner de Odoo S.A., con centos de usuarios en Odoo Enterprise.
Membros da OCA
CommitSun Tech (Roomdoo) é membro da Odoo Community Association, a organización sen ánimo de lucro que desenvolve Odoo en aberto.
Autores de OCA/pms
O módulo principal, pms, e os de localización española (pms_l10n_es, SII e TicketBAI) levan a sinatura de Commit [Sun], o equipo de Roomdoo. Ficha na tenda da OCA.
Comité de mantemento
Darío Lodeiros forma parte do PSC (Project Steering Committee) do proxecto PMS. Configuración oficial do PSC.
Socios de AEOdoo
CommitSun Tech (Roomdoo) é socia da Asociación Española de Odoo. Ficha de socio.
Relatores
Darío Lodeiros e David Pacheco presentaron «Odoo para hoteis? A vertical PMS con ambición de produto internacional» nas XVIII Jornadas Odoo 2025, en Cartagena (vídeo e ficha da charla). Darío participou tamén nas de 2019, 2020 e 2024.
Publicado e versionado
Cada versión dos módulos publícase en PyPI: Odoo 16 e Odoo 14.

A base é da comunidade. O servizo é noso.

Os módulos hoteleiros de Odoo son libres: calquera pode lelos, usalos e melloralos. Por riba, Roomdoo engade o que fai falta para que un hotel funcione desde o primeiro día: a app de recepción, as conexións con canles e pechaduras, a plataforma xestionada, a posta en marcha e un soporte de persoas que coñecen os hoteis.

Se es desenvolvedor ou partner de Odoo, podes contribuír no repositorio ou traballar connosco para ofrecer Roomdoo aos teus clientes.

  • Código libre na OCA, sen dependencia dun provedor
  • Odoo estándar: calquera partner de Odoo pode traballar con el
  • Os teus datos, nunha base de datos estándar e exportables completos
De esquerda a dereita: David Pacheco, Eva Abal e Darío Lodeiros, de Roomdoo, con Sebastian Brandt, CEO de Odoo en España
De esquerda a dereita: David Pacheco, Eva Abal, Sebastian Brandt (CEO de Odoo en España) e Darío Lodeiros.

Preguntas sobre Roomdoo e a OCA

Outra dúbida? Escríbenos
Que é a OCA?

A Odoo Community Association é unha organización sen ánimo de lucro que desenvolve Odoo en aberto. Reúne centos de empresas e desenvolvedores, mantén miles de módulos revisados pola comunidade e organiza cada ano os OCA Days. odoo-community.org. E Odoo? Explicámoscho aquí.

Roomdoo é código aberto?

Os módulos de xestión hoteleira de Odoo sobre os que funciona Roomdoo son libres (AGPL-3) e están en OCA/pms. A app de recepción e os servizos da plataforma Roomdoo son nosos.

Que é un PSC?

O Project Steering Committee é o comité que coida cada proxecto da OCA: revisa as contribucións, vela pola calidade e leva os módulos a cada versión de Odoo. Darío Lodeiros, do noso equipo, forma parte do PSC do proxecto PMS.

Que versións de Odoo cobre OCA/pms?

A nosa liña vive nas ramas 14.0 e 16.0. A 16.0 é a estable en produción na maioría dos hoteis e actualízase cada semana. Estamos migrando nos próximos meses: a principios de 2027, Roomdoo será compatible con Odoo 17, 18, 19 e 20.

Podo usar OCA/pms sen Roomdoo?

Si, é software libre. Ten en conta que un hotel precisa máis que os módulos: canles de venda, parte de viaxeiros, app de recepción, aloxamento, actualizacións e soporte. Iso é o que achega Roomdoo.

Como podo contribuír?

Como en calquera proxecto da OCA: abre unha incidencia ou unha proposta de cambio no repositorio. O noso equipo revísaas.