Saltar ao contido

Odoo, explicado sen tecnicismos

Que é Odoo e que é un ERP

Odoo é un programa de xestión empresarial de código aberto: contabilidade, vendas, compras, almacén, persoal ou web nun mesmo sistema. Úsano máis de 28 millóns de persoas en todo o mundo, e Roomdoo é a súa vertical para hoteis. Aquí respondemos, en poucas palabras, ao que máis nos preguntan.

Cifras de odoo.com, consultadas o 4 de novembro de 2026.

28M+
usuarios en todo o mundo
21.000+
partners que implantan Odoo
8.000+
persoas traballan en Odoo S.A.
2005
ano en que naceu, en Bélxica

En poucas palabras

As seis ideas que convén ter claras antes de falar de Odoo.

Que é un ERP
Un programa que reúne a xestión de toda a empresa: vendas, compras, almacén, contabilidade, persoal. En lugar dun programa para cada cousa e follas de cálculo para unilos, todo comparte os mesmos datos.
Que é Odoo
Un ERP de código aberto que funciona por aplicacións: activas as que precisas e todas traballan sobre a mesma base de datos. Desenvólveo Odoo S.A., unha empresa belga fundada en 2005.
Community
A edición libre e gratuíta, con licenza LGPLv3. Mantéñena Odoo S.A. e a comunidade, que achega miles de módulos libres a través da OCA, entre eles a fiscalidade española.
Enterprise
A edición de pagamento de Odoo S.A. Engade aplicacións e funcións propias, como Studio, e o aloxamento, as migracións de versión e o soporte de Odoo. Págase por usuario e mes.
Versións
Sae unha nova cada ano, na Odoo Experience de Bruxelas: a 18 en 2024, a 19 en 2025 e a 20 en 2026.
Roomdoo
Funciona sobre Community e sobre Enterprise. Hoxe, a versión estable en produción é Odoo 16; a principios de 2027, Roomdoo será compatible con Odoo 17, 18, 19 e 20.

Community e Enterprise, fronte a fronte

As dúas son Odoo e comparten a base. A diferenza está na licenza, nalgunhas aplicacións e en quen che dá o soporte.

CommunityEnterprise
Licenza
Tipo de licenzaLibre (LGPLv3)De Odoo S.A.
Custo da licenzaNingúnPor usuario e mes
Código fonteAbertoPechado nas apps Enterprise
Funcións
Vendas, compras, inventario, CRM, TPV e facturaciónIncluídoIncluído
Contabilidade completa con fiscalidade españolaCos módulos da OCAIncluído
Studio: personalizar sen programarNon incluídoPlan Personalizado
Módulos da comunidade (OCA)IncluídoIncluído
Aloxamento e soporte
Onde se instalaNo teu servidor ou no do teu partnerOdoo Online, Odoo.sh ou o teu servidor
SoporteO teu partner ou a comunidadeOdoo S.A., incluído na subscrición
Paso a unha versión novaFaino o teu partnerServizo de Odoo incluído
Con Roomdoo
Roomdoo funcionaIncluídoIncluído
Quen che dá o soporte do hotelRoomdooRoomdoo

IncluídoEn parteNon incluído

Prezos publicados en odoo.com/pricing a 4 de novembro de 2026: unha aplicación gratis; plan Estándar, 14,90 €, e plan Personalizado (con Studio, varias empresas e API), 27,90 € por usuario e mes con pagamento anual.

Unha implantación de Odoo, á nosa maneira

Somos partners de Odoo e traballamos tanto con Community como con Enterprise, con centos de usuarios en Odoo Enterprise. Pero o noso modelo non é o do proxecto á medida: é unha cota recorrente, sen permanencia, na que nos gañamos o hotel cada mes con soporte, mellora continua e innovación, a un custo accesible.

Implantación habitual de OdooRoomdoo
Como se contrataUn proxecto de consultoría: análise, configuración e desenvolvementos á medida, por horasUnha cota por habitación, sen permanencia
Posta en marchaSemanas ou meses, segundo o alcanceIncluída na alta e lista en menos de 7 días
UsuariosEn Enterprise, licenza por usuarioUsuarios ilimitados
SoporteBolsa de horas ou contrato de mantementoIncluído, con persoas que coñecen os hoteis
MellorasCada desenvolvemento novo, un orzamento novoMellora continua incluída: o que melloramos chega a todos os hoteis
Cambio de versión de OdooUn proxecto de migraciónFacémolo nós

Para as áreas que non son do hotel, como a contabilidade completa ou o persoal, ofrecemos horas do noso equipo ou traballamos con partners de Odoo especializados. Ver prezos.

Preguntas curtas sobre Odoo

Outra dúbida? Escríbenos
Que é un ERP?

Un programa de xestión que reúne nun só sistema as áreas da empresa: vendas, compras, almacén, contabilidade ou persoal. A súa vantaxe é que todo comparte os mesmos datos: o que se vende xa é contabilidade e xa é estatística.

Odoo é gratis?

A edición Community, si: é software libre e non paga licenza. A edición Enterprise págase por usuario e mes a Odoo S.A. Nos dous casos hai que pagar onde se aloxa e quen o implanta e o mantén.

Odoo é só para grandes empresas?

Non. Úsano desde autónomos cun só usuario ata grupos con miles. Como funciona por aplicacións, cada empresa activa só o que precisa.

De onde é Odoo?

De Bélxica. Odoo S.A. naceu en 2005 e hoxe ten máis de 8.000 empregados, equipo propio en España e máis de 21.000 partners en todo o mundo.

Que é a OCA?

A Odoo Community Association: unha organización sen ánimo de lucro que desenvolve Odoo en aberto, con miles de módulos libres. O PMS hoteleiro da OCA escribímolo nós. Contámoscho aquí.

Que son Odoo Online, Odoo.sh e on-premise?

Tres formas de ter Odoo. Odoo Online é o Odoo aloxado por Odoo S.A., sen módulos de terceiros. Odoo.sh é a súa plataforma para Odoo con módulos propios. On-premise é instalalo no teu servidor ou no do teu partner. Roomdoo funciona na súa propia plataforma xestionada.

Podo empezar en Community e pasar a Enterprise?

Si. É habitual empezar en Community e pasar a Enterprise cando se precisan as súas aplicacións. O camiño contrario é máis complicado.

Preciso saber de Odoo para usar Roomdoo?

Non. Recepción traballa coa app de Roomdoo, que se aprende nunha tarde. Odoo está por debaixo para quen o precise: dirección, administración ou a xestoría. Como funciona.

Que versión de Odoo usa Roomdoo?

Hoxe, a versión estable en produción na maioría dos clientes é Odoo 16. Estamos migrando nos próximos meses: a principios de 2027, Roomdoo será compatible con Odoo 17, 18, 19 e 20.

Roomdoo é o mesmo que Odoo Hotel?

Non. Odoo Hotel é un paquete de Odoo Enterprise feito coas súas apps de Aluguer e Planificación. Roomdoo é un PMS completo dentro de Odoo. Comparativa.