Saltar ao contido

Integracións

Conectado con todo o que xa usas

Canles de venda, channel managers, metabuscadores, pechaduras, pagamentos e administración. Busca a túa ou explora por categoría: todo se xestiona desde Roomdoo.

  • 257integracións
  • 150canles conectadas
  • 11categorías
  • Milleirosde módulos de Odoo
  • Booking
  • Expedia
  • Airbnb
  • WuBook
  • Google Free Booking Links
  • Salto KS
  • Omnitec
  • Redsys
  • Stripe
  • SES.Hospedajes
  • VERI*FACTU
  • Odoo

Categorías

Non está a túa? Pídenola →

257 integracións

Canles de venda 204

Booking.com, Expedia, Airbnb e máis de cen portais conectados (e outros 50 en piloto con Channex): prezos, cupos e peches sincronizados e as reservas directas ao planning.

Channel managers 5

A conectividade que hai detrás das canles. Se xa traballas cun, Roomdoo conéctase a el.

Metabuscadores 3

Aparece en Google e trivago co teu prezo e leva a reserva á túa web, sen pasar por unha OTA.

Motor de reservas 4

Vende na túa web coa mesma dispoñibilidade e os mesmos prezos que o resto de canles.

Revenue e prezos 2

Ferramentas de revenue management que axustan as túas tarifas segundo a demanda e as envían soas a Roomdoo.

Pechaduras e accesos 5

Un código PIN por reserva, válido só durante a estadía, para a habitación e as portas comúns.

Pagamentos 15

Cobra con ligazón, na túa web ou na recepción. Cada cobro queda na súa reserva e a factura cadra soa.

Administración e normativa 11

Partes de viaxeiros, estatística e facturación verificable de España e Portugal, preparados desde Roomdoo cos datos que xa tes.

Hóspedes e check-in 3

Asistente con IA, lectura de documentos e servizos da habitación que coñecen cada reserva.

Datos e API 2

Os teus datos nos teus cadros de mando, na folla da túa xestoría ou nas túas propias aplicacións.

Ecosistema Odoo 3

Roomdoo está construído sobre Odoo: contabilidade, compras, TPV ou RR. HH. e miles de módulos máis, listos para sumar.

Integración á medida

Non atopas a túa ferramenta? Pídenos a integración

Roomdoo está construído sobre Odoo e ten API aberta, así que case todo se pode conectar. Cóntanos que usas e para que.

  • Revisamos se xa existe unha conexión coa ferramenta ou co seu provedor.
  • Respondémosche coa viabilidade e os seguintes pasos.
  • As peticións dos clientes marcan as nosas prioridades.
Xa usas Roomdoo?