Saltar ao contido

Como funciona

Todo o teu hotel, nun só programa

Da reserva ao banco, sen saír de Roomdoo. As reservas de todas as túas canles chegan a un único planning, cobras cunha ligazón, a factura faise soa e o papelame con Facenda, a policía e o INE sae sen que o toques.

Cada proceso, explicado paso a paso na documentación
Máis rápido, con menos errosSen copiar datos dun programa a outro.
Todo nun só sitioAdaptado ao teu hotel e a prezo de independente.
Todo dunha olladaQuen chega, que está libre e que queda por cobrar.
Onde esteasNo ordenador, na tableta ou no móbil.

Vendas

Vende en todas as túas canles sen duplicar traballo

As reservas de Booking, Expedia, Airbnb e a túa web chegan soas ao mesmo planning. Cambias un prezo, un cupo ou un peche unha vez e actualízase en todas.

  • Booking, Expedia, Airbnb e máis de cen canles, sincronizadas
  • Motor de reservas na túa web, sen comisión
  • Prezos, cupos e peches, cambiados unha soa vez
  • Axencias e turoperadores
  • Fichas de clientes e empresas

Estadías

Cada reserva, con todos os seus detalles

Do check-in ao check-out, todo na mesma ficha: hóspedes, servizos, cobros e mensaxes. Recepción deixa de perseguir papeis.

  • Un planning claro, que se entende o primeiro día
  • Recepción sen papelame
  • Check-in en liña e escáner de DNI
  • Cobros con ligazón
  • Limpeza e pisos
Ficha dunha reserva en Roomdoo

Facturación

Os números, sempre baixo control

Cobras e a factura faise soa, lista para VeriFactu. Cada cobro queda anotado na súa reserva e as contas cadran sen exportar nada.

  • Facturas que se fan soas, listas para VeriFactu
  • Taxa turística automática
  • Cobros e pagamentos, cadrados
  • TPV para o restaurante e a cafetaría
  • Portal para os teus clientes
Facturación dunha reserva en Roomdoo

O teu negocio

As cifras do teu hotel, cando as necesitas

Abres Roomdoo e ves como vai o día e como vai o ano. Sen montar follas de cálculo os domingos.

  • Panel co importante dunha ollada
  • Ocupación e prezo medio, comparados co ano pasado
  • Informes de cada área
  • Conexión con Power BI
  • Exportación a Excel para a túa xestoría
Panel de inicio de Roomdoo coas cifras do hotel

Hoteis e cadeas

Un hotel ou unha cadea enteira, no mesmo sistema

Roomdoo crece contigo. Cando sumas un establecemento ou unha sociedade, entra no mesmo programa, coa mesma forma de traballar.

Así o fai Alda Hotels con máis de 100 establecementos

Varios establecementos

Levas todos os teus aloxamentos desde un mesmo sitio, co seu planning, as súas tarifas e as súas canles.

Varias empresas

Cada sociedade coa súa contabilidade, as súas series de facturas e os seus impostos, e todo consolidado para a dirección.

Na nube e seguro

Sen instalar nada e sempre ao día

Entras desde o navegador

No ordenador de recepción, na tableta ou no móbil, esteas onde esteas.

Copias de seguranza automáticas

Servidores seguros e copias cada día. Os teus datos están a salvo aínda que se estrague o ordenador.

Melloras cada semana, incluídas

Todas as novidades chegan sen custo extra. Están todas en novidades do produto.

Próbao cun hotel de exemplo

Responde catro preguntas e chégache ao momento o acceso a unha demo xa montada. Sen tarxeta e sen compromiso.