Saltar ao contido

Casos de éxito

Cóntano eles mellor ca nós

Hostais, pensións, hoteis familiares, apartamentos e aloxamentos con encanto que xa levan o seu día a día con Roomdoo.

+6 M
reservas xestionadas
4,9 / 5
en Google
40+
aloxamentos cóntancho aquí
  • Apartamentos LlobetApartamentos LlobetFigueretas, Ibiza
  • Casona de los RebolledoCasona de los RebolledoZújar, Granada
  • Hotel MontemarHotel MontemarBenissa, Alicante
  • Hotel La Palma RománticaHotel La Palma RománticaBarlovento, La Palma
  • Hotel Bufón de ArenillasHotel Bufón de ArenillasLlanes, Asturias
  • Hotel BeratxaHotel BeratxaTafalla, Navarra
  • Hotel Puente de la TojaHotel Puente de la TojaO Grove, Pontevedra
  • Hoteles DucayHoteles DucayOlite, Navarra
  • Hotel Costa AzaharHotel Costa AzaharGrao de Castellón
  • Hotel SantillanaHotel SantillanaSantillana del Mar, Cantabria
  • La Orza de ÁngelLa Orza de ÁngelChiva, Valencia
  • Hotel Rural El MajueloHotel Rural El MajueloMontorio, Burgos
  • Hotel Brisa del MarHotel Brisa del MarO Grove, Pontevedra
  • Hotel Reina IsabelHotel Reina IsabelMedina del Campo, Valladolid
  • Hotel AzuquecaHotel AzuquecaAzuqueca de Henares, Guadalajara
  • Hostal M. RondaHostal M. RondaCarabanchel, Madrid
  • Hotel Castillo de JavierHotel Castillo de JavierPamplona, Navarra
  • La PoetisaLa PoetisaCulleredo, A Coruña
  • Apartamentos Colón 27Apartamentos Colón 27Palencia
  • Hotel Los TemplariosHotel Los TemplariosPonferrada, León
  • Apartamentos River SantanderApartamentos River SantanderSantander
  • Hotel A MarisqueiraHotel A MarisqueiraOleiros, A Coruña
  • Hotel Casón del CondeHotel Casón del CondeOrgaz, Toledo
  • Hotel VaradoiroHotel VaradoiroPortonovo, Sanxenxo (Pontevedra)
  • Patio y Calados Rioja SuitesPatio y Calados Rioja SuitesCenicero, La Rioja
  • La Tienda de VillanuevaLa Tienda de VillanuevaRibadedeva, Asturias
  • Alda HotelsAlda Hotels62 cidades de España
  • Hotel ReigosaHotel ReigosaPonte Caldelas, Pontevedra
  • Puente AzudPuente AzudAvilés, Asturias
  • Indamal Rental RoomsIndamal Rental RoomsValladolid
  • Hostal MourelosHostal MourelosO Grove, Pontevedra
  • Apartamentos Praia de SeselleApartamentos Praia de SeselleAres, A Coruña
  • Hostal Julio CésarHostal Julio CésarLa Virgen del Camino, León
  • Hotel La BasílicaHotel La BasílicaVenta de Baños, Palencia
  • Hotel PortonovoHotel PortonovoPortonovo, Sanxenxo (Pontevedra)
  • Botón MarineroBotón MarineroBueu, Pontevedra
  • Posada Las RetajasPosada Las RetajasMedinaceli, Soria
  • Albergue Buen CaminoAlbergue Buen CaminoPalas de Rei, Lugo
  • Pensión Casa CamiñoPensión Casa CamiñoPalas de Rei, Lugo
  • Albergue El OlivoAlbergue El OlivoRibadeo, Lugo
  • Hotel LoisHotel LoisA Coruña
  • Pardavila 57 Slow HotelPardavila 57 Slow HotelMarín, Pontevedra
  • A Rectoral de SeadurA Rectoral de SeadurLarouco, Ourense
  • Pazo da BuzacaPazo da BuzacaMoraña, Pontevedra
  • Palacio de CanedoPalacio de CanedoCanedo, El Bierzo (León)
  • Hotel Pepe VieiraHotel Pepe VieiraRaxó, Poio (Pontevedra)
  • MenurkaMenurkaMenorca
  • Colegio Mayor MendelColegio Mayor MendelCiudad Universitaria, Madrid

Para todo tipo de aloxamento

Algúns dos nosos centos de clientes

Da pensión do Camiño ao hotel con estrela Michelin, pasando por apartamentos na praia, residencias universitarias ou grupos con varios hoteis. Cada un traballa á súa maneira, e todos o fan en Roomdoo.

Hotel Costa Azahar

Hotel Costa Azahar

Grao de Castellón · Hotel fronte ao mar

Un hotel pequeno, de dez habitacións, ao final do paseo marítimo do Grao de Castellón e xunto ao Pinar, no que todas as habitacións teñen terraza propia con vistas ao mar.

Hotel Santillana

Hotel Santillana

Santillana del Mar, Cantabria · Hotel con aire de casarón montañés

Trinta e seis habitacións no centro de Santillana del Mar, con aire de casarón montañés e mobles dos séculos XVI e XVII. A un paso de Altamira.

La Orza de Ángel

La Orza de Ángel

Chiva, Valencia · Hotel restaurante

O forno de leña é o corazón da casa: cociña de mercado, máis de 120 viños e 22 habitacións exteriores a cinco quilómetros do circuíto Ricardo Tormo. As placas solares cobren o 71 % do seu consumo.

Hotel Rural El Majuelo

Hotel Rural El Majuelo

Montorio, Burgos · Hotel rural

Catorce habitacións e sauna nunha aldea de 138 veciños a 944 metros de altitude, no norte de Burgos, entre a meseta e a montaña cántabra.

Hotel Brisa del Mar

Hotel Brisa del Mar

O Grove, Pontevedra · Hotel familiar fronte á Toxa

Empezou en 1980 como un pequeno hostal familiar e hoxe é un hotel con vistas á ría de Arousa e á illa da Toxa, a 150 metros da súa ponte centenaria.

Ler o seu caso
Hotel Reina Isabel

Hotel Reina Isabel

Medina del Campo, Valladolid · Hotel urbano

A trescentos metros do palacio onde Isabel a Católica ditou o seu testamento e a catrocentos do Castillo de la Mota. Vinte e dúas habitacións e cafetaría que abre ás sete para quen viaxa por traballo.

Hotel Azuqueca

Hotel Azuqueca

Azuqueca de Henares, Guadalajara · Hotel con restaurante

Hotel de tres estrelas no Corredor do Henares, a media hora de Madrid, con restaurante de cociña tradicional da zona e recepción aberta as 24 horas.

Hostal M. Ronda

Hostal M. Ronda

Carabanchel, Madrid · Hostal urbano

Un hostal de barrio a seis minutos do metro de Carabanchel, cunha nota de 8,9 sobre máis de 1.400 opinións de hóspedes.

Hotel Castillo de Javier

Hotel Castillo de Javier

Pamplona, Navarra · Hotel no Casco Vello

Na rúa San Nicolás, a dos pintxos, a un paso da Plaza del Castillo: 18 habitacións insonorizadas en pleno Casco Vello de Pamplona e o seu propio bar de viños.

Ler o seu caso
La Poetisa

La Poetisa

Culleredo, A Coruña · Hostal con check-in automático

A un quilómetro do aeroporto da Coruña e a cincocentos metros do Camiño Inglés, con entrada autónoma para que o hóspede chegue á hora que chegue.

Alda Hotels

Unha historia de crecemento

Alda Hotels comezou con seis ou sete establecementos. Hoxe son máis de cen, co mesmo Roomdoo.

Cada hotel, hostal ou albergue novo dáse de alta no mesmo sistema, sen migrar nada nin cambiar de forma de traballar. Se o teu aloxamento crece, Roomdoo crece contigo.

Ler a súa historia
Apartamentos Colón 27

Apartamentos Colón 27

Palencia · Apartahotel

Dezaseis estudios novos a un paso da catedral de Palencia, pensados tamén para estadías longas de traballo. Forma parte de OK Hoteles, o grupo hoteleiro de Palencia e Venta de Baños.

Hotel Los Templarios

Hotel Los Templarios

Ponferrada, León · Hotel no Camiño Francés

Dezaoito habitacións recén renovadas a douscentos metros do castelo templario de Ponferrada, en pleno Camiño Francés.

Apartamentos River Santander

Apartamentos River Santander

Santander · Apartamentos turísticos

Apartamentos a sete minutos do aeroporto de Santander, con aparcadoiro propio e a un cuarto de hora de El Sardinero e de Cabárceno.

Hotel A Marisqueira

Hotel A Marisqueira

Oleiros, A Coruña · Hotel familiar

Un hotel familiar de 18 habitacións na desembocadura do río Mero, a tres quilómetros do aeroporto da Coruña, que atenden os seus propios donos desde 1994. Ese trato próximo é o seu sinal de identidade.

Hotel Casón del Conde

Hotel Casón del Conde

Orgaz, Toledo · Hospedaría nun casarón do século XVII

Un casarón señorial do século XVII fronte á igrexa de Orgaz, o señorío de «O enterro do conde de Orgaz» de El Greco. É unha das nove hospedarías da rede de Castela-A Mancha.

Hotel Varadoiro

Hotel Varadoiro

Portonovo, Sanxenxo (Pontevedra) · Hotel e taberna mariñeira

Vinte habitacións fronte ao porto deportivo de Portonovo e unha taberna cuxa chef levou a raia da vila ata a televisión galega.

Ler o seu caso
Patio y Calados Rioja Suites

Patio y Calados Rioja Suites

Cenicero, La Rioja · Suites nunha casa do século XVIII

Unha casa do século XVIII en Cenicero con dúas adegas subterráneas dos séculos XV e XVI e un antigo lagar de pedra onde se pisaba a uva convertido en piscina. Teñen viña propia plantada cara a 1900.

La Tienda de Villanueva

La Tienda de Villanueva

Ribadedeva, Asturias · Casa de aldea

Unha casa de aldea de pedra, vigas de madeira e cheminea no oriente de Asturias, preto de Colombres, os seus casaróns de indianos e a praia de La Franca.

Hotel Reigosa

Hotel Reigosa

Ponte Caldelas, Pontevedra · Hotel con restaurante

Dezaseis habitacións con bar e restaurante propios no interior de Pontevedra, renovado por completo en 2026.

Puente Azud

Puente Azud

Avilés, Asturias · Pensión urbana

Vinte habitacións a un paseo do Centro Niemeyer e do casco histórico de Avilés, parada habitual dos peregrinos do Camiño do Norte.

Indamal Rental Rooms

Indamal Rental Rooms

Valladolid · Colivings e aloxamentos

Tres colivings en Valladolid, un apeadoiro de tren restaurado xunto ao aeroporto e unha casa no Canal de Castilla: cinco aloxamentos e dúas sociedades nun mesmo sistema.

Ler o seu caso
Hostal Mourelos

Hostal Mourelos

O Grove, Pontevedra · Pensión fronte á Toxa

Na península do Grove, fronte á illa da Toxa, con habitacións que miran á ría de Arousa e un bar con terraza a poucos pasos do paseo marítimo.

Ler o seu caso
Apartamentos Praia de Seselle

Apartamentos Praia de Seselle

Ares, A Coruña · Apartamentos turísticos

Apartamentos nun edificio histórico con xardín e barbacoa, a cinco minutos a pé da praia de Seselle, na ría de Ares.

Hostal Julio César

Hostal Julio César

La Virgen del Camino, León · Hostal do Camiño

Un hostal familiar sobre o Camiño Francés, a cinco minutos do santuario de La Virgen del Camino e os seus trece bronces de Subirachs, e ao carón do aeroporto de León.

Hotel La Basílica

Hotel La Basílica

Venta de Baños, Palencia · Hotel con restaurante

Toma o nome da Basílica de San Juan de Baños, do ano 661, a igrexa en pé máis antiga de España. 44 habitacións e restaurante xunto á A-62, parada natural de quen cruza Castela.

Hotel Portonovo

Hotel Portonovo

Portonovo, Sanxenxo (Pontevedra) · Hotel de praia

Na vila mariñeira de Portonovo, a poucos metros da praia de Areas Gordas, con habitacións con terraza para quen busca as Rías Baixas sen coller o coche.

Botón Marinero

Botón Marinero

Bueu, Pontevedra · Apartamentos turísticos

Apartamentos con deseño de hotel a un paso do mar en Bueu, na ría de Pontevedra. Cada un leva o nome dunha palabra galega de luz ou de tempo: Solpor, Orballo, Brétema.

Posada Las Retajas

Posada Las Retajas

Medinaceli, Soria · Posada Real

Un antigo tear de Medinaceli convertido en Posada Real de catro estrelas, cun alxibe árabe de máis de cincocentos anos sobre base romana. Seis habitacións e selo oficial do Camiño do Cid.

Albergue Buen Camino

Albergue Buen Camino

Palas de Rei, Lugo · Albergue de peregrinos

O primeiro albergue de peregrinos construído en Palas de Rei, en pleno Camiño Francés. 35 prazas e un bar de cociña galega de produto local aberto a todo o que pasa.

Pensión Casa Camiño

Pensión Casa Camiño

Palas de Rei, Lugo · Pensión do Camiño

Dúas casas a pé do Camiño Francés no centro de Palas de Rei, unha moderna e outra que conserva o carácter das antigas pensións galegas: 31 habitacións nunha das últimas etapas antes de Santiago.

Albergue El Olivo

Albergue El Olivo

Ribadeo, Lugo · Albergue de peregrinos

O primeiro que atopa o peregrino ao entrar en Galicia polo Camiño do Norte: unha casa rehabilitada cun gran xardín, aberta en 2023 por unha asociación sen ánimo de lucro.

Hotel Lois

Hotel Lois

A Coruña · Hotel urbano

Na rúa Estrela, en pleno centro da Coruña: a cinco minutos a pé da praia de Riazor, dos Cantóns e do Palexco. Habitacións renovadas, coas galerías acristaladas da cidade.

Pardavila 57 Slow Hotel

Pardavila 57 Slow Hotel

Marín, Pontevedra · Slow hotel

A casa dos avós do seu dono, que conserva as vigas que puxo o seu avó madeireiro e unha camelia centenaria. Oito habitacións, un apartamento e un miradoiro sobre a ría de Pontevedra.

A Rectoral de Seadur

A Rectoral de Seadur

Larouco, Ourense · Casa reitoral de 1783

Unha casa reitoral de 1783 entre viñedos de Valdeorras, hoxe seis apartamentos con vinoteca propia. Recollen de balde os peregrinos no Camiño de Inverno.

Pazo da Buzaca

Pazo da Buzaca

Moraña, Pontevedra · Pazo do século XVI

Casa solarega do século XVI nunha finca de 40.000 metros con capela, torre, pombal e dous hórreos, a 25 quilómetros de Santiago. A cociña é a de Pepe Vieira.

Palacio de Canedo

Palacio de Canedo

Canedo, El Bierzo (León) · Palacio entre viñedos

Un palacio de case trescentos anos, Ben de Interese Cultural, rescatado por José Luis Prada entre viñedos do Bierzo. Quince habitacións, e a suite El Palomar ocupa o torreón.

Ler o seu caso
Hotel Pepe Vieira

Hotel Pepe Vieira

Raxó, Poio (Pontevedra) · Hotel paisaxe Relais & Châteaux

Catorce habitacións de cristal repartidas pola ladeira e mirando á ría, con dúas Chaves Michelin, selo Relais & Châteaux e un restaurante con dúas estrelas Michelin e estrela verde.

Menurka

Menurka

Menorca · Vilas e casas enteiras

Tres casas en Menorca, cada unha co seu carácter: un chalé con piscina e jacuzzi sobre Port d'Addaia, outro xunto ás calas de Cala Blanca e unha casa restaurada no casco antigo de Ciutadella.

Colegio Mayor Mendel

Colegio Mayor Mendel

Ciudad Universitaria, Madrid · Colexio maior universitario

Colexio maior da Complutense fundado en 1968 polos agostiños e bautizado en honra de Gregor Mendel, o pai da xenética. 264 habitacións individuais e, no verán, residencia para grupos.

Guest-in

Guest-in

Toda España · Telexestión hoteleira · Partner de Roomdoo

Partner comercializador de Roomdoo. Coa nosa tecnoloxía hoteleira ofrece telexestión, xestión integral e unha central de recepción e reservas atendida por persoas, as 24 horas, a moitos aloxamentos de España.

Visitar a súa web

Medra contigo

Teñas un aloxamento ou cen, é o mesmo Roomdoo

Un albergue do Camiño, un hotel familiar, un grupo con varios establecementos ou unha cadea traballan co mesmo programa e o mesmo equipo. Se mañá abres outro, dálo de alta no teu Roomdoo, sen migrar nada.

  1. Un albergueAlbergue Buen CaminoAlbergue Buen CaminoAlbergue de peregrinos · Palas de Rei, Lugo
  2. Un hotelHotel MontemarHotel MontemarHotel familiar con piscina · Benissa, Alicante
  3. Varios aloxamentosHoteles DucayHoteles DucayDous hoteis e apartamentos · Olite, Navarra
  4. Máis de cenAlda HotelsAlda HotelsEmpezou con 6 ou 7 e hoxe pasa de cen, sen cambiar de programa · 62 cidadesVer o caso de Alda Hotels

Queres ser o seguinte?

Amosámosche Roomdoo cun hotel coma o teu, ou próbao xa cun de exemplo.