Saltar ao contido

PMS para hoteis

O software de xestión hoteleira que leva todo o teu hotel nun só programa

Un PMS (Property Management System) é o programa co que un hotel xestiona reservas, recepción, cobros e facturas. Roomdoo é un PMS na nube que ademais inclúe o channel manager, o motor de reservas e un sistema de xestión completo, porque funciona dentro de Odoo. E trae BookAI, a súa IA para atender os hóspedes.

+6 M
reservas xestionadas
+100
canles de venda conectadas
4,9
de valoración en Google
< 7 días
para telo funcionando

Que fai o PMS de Roomdoo

Todo o que pasa no hotel, da reserva á contabilidade, na mesma pantalla.

  • Planning de reservas

    Quen chega, que está libre e que queda por cobrar, dunha ollada. Moves reservas arrastrándoas.

  • Channel manager

    Booking, Expedia, Airbnb e máis de cen canles cos mesmos prezos e a mesma dispoñibilidade, sen overbooking.

  • Motor de reservas

    Reservas directas na túa web, sen comisión, que entran soas ao planning e pechan a habitación nas canles.

  • Recepción sen papeis

    Check-in en liña desde o móbil do hóspede e escáner de DNI e pasaportes que enche a ficha por si só.

  • Normativa española

    Parte de viaxeiros a SES.Hospedajes, enquisa do INE, VeriFactu e taxa turística, automáticos.

  • Cobros e facturas

    Con tarxeta, ligazón de pagamento, efectivo ou transferencia. A factura sae soa e queda na contabilidade.

  • Informes

    Ocupación, prezo medio, RevPAR e facturación, comparados co ano pasado, e en Excel para a túa xestoría.

  • Sistema de xestión

    Contabilidade, compras, persoal ou TPV de Odoo sobre os mesmos datos, cando os necesites.

PMS, channel manager e motor de reservas: mellor se son o mesmo programa

Moitos hoteis traballan cun PMS, un channel manager doutra empresa, un motor de reservas dunha terceira e un programa de contabilidade á parte, conectados entre si. Cada conexión é un sitio onde se perden datos, se duplican reservas ou hai que copiar a man.

En Roomdoo as catro pezas comparten os mesmos datos. Unha reserva que entra por Booking pecha a habitación en todas as canles, aparece no planning, cóbrase, factúrase para VeriFactu e queda na contabilidade, sen pasar dun programa a outro.

  • Un só provedor e un só soporte
  • Sen conectores que se rompan entre programas
  • Os datos do hotel son teus e pódense exportar
PMS, channel manager, motor de reservas e xestión: as catro pezas de Roomdoo

Para que aloxamentos é

  • Hoteis independentes

    De 10 a 150 habitacións, co músculo dunha cadea e a prezo de independente.

  • Apartamentos turísticos

    Check-in sen recepción, códigos de porta e limpeza organizada por unidades.

  • Hostais e albergues

    Camas, grupos e peregrinos, co parte de viaxeiros resolto.

  • Cadeas e grupos

    Varios establecementos e varias sociedades nun mesmo sistema, como Alda Hotels con máis de 100.

Un PMS na nube, sen instalar nada

Desde calquera dispositivo
No ordenador de recepción, na tableta ou no móbil.
Sempre ao día
As melloras chegan cada semana sen custo extra. Telas nas novidades do produto.
Montámoscho nós
Pasamos os teus datos, conectamos as túas canles e formamos o teu equipo en menos de 7 días.
Soporte de xente de hotel
Especialistas con experiencia en recepción, por tíquet desde a propia aplicación. O urxente, 24/7.

Preguntas sobre o PMS

Outra dúbida? Escríbenos
Que é un PMS hoteleiro?

Un PMS (Property Management System) é o software de xestión hoteleira co que se levan as reservas, a recepción, os cobros e as facturas. Se queres o detalle, temos unha guía: que é un PMS.

Que diferenza hai entre un PMS e un channel manager?

O PMS xestiona o hotel por dentro (reservas, recepción, facturas); o channel manager reparte os teus prezos e a túa dispoñibilidade entre Booking, Expedia e o resto de canles. En Roomdoo veñen xuntos, así que non hai que conectalos. Máis sobre o channel manager.

Roomdoo é o PMS de Odoo?

Si. Roomdoo é un PMS feito dentro de Odoo, así que tes o PMS e un sistema de xestión completo sobre os mesmos datos. Como encaixa con Odoo.

Canto custa?

Desde 49 € ao mes, sen permanencia e con usuarios ilimitados. Calcula o teu prezo.

Como cambio de PMS sen parar o hotel?

Encargámonos nós: pasamos os teus datos, conectamos as túas canles e deixámolo configurado en menos de 7 días, sen que teñas que parar.

Onde aprendo a usalo?

En Roomdoo Academy tes máis de 100 guías e un curso en vídeo de cada pantalla.