Saltar ao contido

Xestión hoteleira

SES.HOSPEDAJES: todo o que necesitas saber sobre a nova plataforma de rexistro de viaxeiros do Ministerio do Interior

· admin

Que é SES.HOSPEDAJES?

En España, os aloxamentos turísticos deben rexistrar os seus hóspedes a través de SES.HOSPEDAJES, a nova plataforma unificada que substitúe os sistemas anteriores, como Hospederías da Garda Civil e WebPol/E-HOTEL da Policía Nacional. Isto é obrigatorio segundo o Real decreto 933/2021. En Cataluña e no País Vasco os partes comunícanse aos Mossos d'Esquadra e á Ertzaintza.

É obrigatorio desde o 2 de decembro de 2024, cando rematou o período de adaptación: todos os establecementos deben comunicar a SES.HOSPEDAJES os datos dos seus hóspedes e das súas reservas.

Esta medida busca unificar e simplificar o proceso de cumprimento das obrigas legais. Ademais, pretende monitorizar mellor os movementos dos viaxeiros e obter máis información sobre as súas reservas.

Roomdoo xa desenvolveu a integración con este novo sistema, polo que poderás automatizar o envío dos partes de viaxeiros e das reservas, e cumprir a normativa sen que supoña un trastorno na operativa diaria.

Neste artigo explicámosche todo o que necesitas saber sobre SES.HOSPEDAJES e como Roomdoo facilita este proceso mediante a súa integración automática.

Cambios máis importantes

1. Novos datos requiridos: SES.HOSPEDAJES solicita algúns datos adicionais, que se xestionarán de xeito sinxelo a través do asistente de check-in de Roomdoo, mantendo a mesma operativa. Ademais do rexistro de viaxeiros, agora será obrigatorio informar sobre as próximas reservas.

2. Só enviaremos os datos obrigatorios: Roomdoo enviará unicamente os datos requiridos e obrigatorios pola normativa. Información como o medio de pagamento ou a data do pagamento, entre outros, que son opcionais, non se comunicará: limitarémonos a informar dos datos estritamente obrigatorios coa finalidade de preservar a confidencialidade.

3. Rexistro de todos os viaxeiros, incluídos os menores de idade:

  • Todos os viaxeiros, independentemente da súa idade, deberán ser rexistrados.
  • Os adultos deberán completar todos os seus datos e asinar (física ou dixitalmente).
  • Os mozos de entre 14 e 18 anos deberán rexistrar os seus datos e indicar o parentesco co adulto responsable.
  • Os menores de 14 anos non necesitarán introducir o seu DNI, pero si deberán incluír o parentesco e o resto de datos.

Que necesitas facer?

Debes rexistrar o teu aloxamento en SES.HOSPEDAJES para activar a integración e a automatización de Roomdoo.

Accede a esta ligazón para rexistrarte como establecemento de hospedaxe en SES.HOSPEDAJES.

Hospedajes y alquiler de vehículos – (https://sede.mir.gob.es)

Debes facer clic no procedemento «Acceso al registro de establecimientos y entidades» para iniciar o teu rexistro na plataforma; para iso necesitarás un certificado dixital da entidade titular da hospedaxe ou estar dado de alta en cl@ve.

Podes consultar a guía para rexistrar o teu aloxamento con máis detalle.

O máis importante: durante o proceso, asegúrate de marcar a opción “Envío de comunicaciones por servicio web” para habilitar a comunicación automática que usará Roomdoo.

Alta en SES.HOSPEDAJES

Unha vez completado, recibirás un correo do Ministerio co teu número de rexistro, código de arrendador e código de establecemento e o usuario e contrasinal do servizo de comunicacións web. Por favor, envía estes datos a soporte@roomdoo.com para que poidamos configurar correctamente o sistema.

Beneficios da automatización

A automatización do rexistro con Roomdoo non só garante o cumprimento legal, senón que tamén mellora a eficiencia operativa ao reducir os erros humanos e aforrar tempo. Isto permíteche centrarte en ofrecer unha excelente experiencia aos teus hóspedes.

Despreocúpate do cambio normativo

Utilizar Roomdoo xunto con SES.HOSPEDAJES facilita o cumprimento da normativa de xeito eficiente e sen complicacións. Para máis detalles sobre como aproveitar esta integración, contacta co noso equipo en hola@roomdoo.com ou pide a túa demo en liña de Roomdoo.