Que son as OTA e cales hai no mercado

Que son as OTA? Que é unha OTA? No contorno turístico, as OTA son as Online Travel Agencies. Estas siglas, se as traducimos do inglés, identifican as axencias de viaxes en liña. Agora si, xa sabemos que son as OTA.
Hai que ter coidado ao interpretar de que falamos cando nos referimos a estas axencias de viaxes en liña. Cando falamos de OTA non teñen por que ser, necesariamente, axencias de viaxes tradicionais que venden un paquete vacacional a Cancún.
Unha OTA tamén pode ser unha web na que realizar a reserva dunha habitación de hotel, como Booking, por exemplo. Por esta razón as OTA e os PMS, que serven para a xestión dos hoteis, han de estar relacionados.
- Que OTA hai no mercado
- Como conectar o meu hotel con varias OTA
- Como vender habitacións do meu hotel en Booking
- Como vender habitacións do meu hotel conectando con Booking
Que OTA hai no mercado
Ver as integracións de Roomdoo coas canles de venda en liña (OTA) para sincronizar prezos e dispoñibilidade.
Hai infinidade de OTA ou axencias de viaxes en liña e poderiamos facer unha lista longuísima, pero aquí deixámosche algunhas que seguro que che soan:
- Booking.com
- Airbnb
- Expedia
- TripAdvisor
- Hostelworld
- Hotelbeds
Ou sexa, que se vendes habitacións do teu hotel con Booking, estás a utilizar os servizos dunha OTA, aínda que ata agora non lle chamases así.
Como conectar o meu hotel con varias OTA
Para conectar o teu hotel cunha OTA ou, simplificando, para conectar o teu hotel con Booking, necesitas un channel manager. Se non sabes que é un channel manager podes ler aquí unha explicación máis detallada.
Pero se eu xa estou conectado con Booking e non sei nada de channel managers…
Seguro? Unha cousa é vender habitacións en Booking e outra diferente é estar conectado con Booking. Explicámosche a diferenza:
Como vender habitacións do meu hotel en Booking
Unha vez dado de alta en Booking, podes configurar as habitacións que ofreces no teu hotel e vendelas de acordo coa dispoñibilidade.
Se cada vez que che fan unha reserva por teléfono ou a través da web do hotel tes que actualizar a dispoñibilidade en Booking de forma manual, entón NON estás conectado con Booking, senón que simplemente o utilizas para vender habitacións.
Como vender habitacións do meu hotel conectando con Booking
Se queres que a dispoñibilidade das túas habitacións estea sincronizada, necesitas conectar o teu hotel con Booking (ou conectar o teu hotel coa OTA que utilices). Isto faise cunha ferramenta que se denomina channel manager e que conecta o teu PMS coa OTA ou as OTA correspondentes.
Deste modo, cando alguén reserva unha habitación a través da túa páxina web ou por teléfono, no momento en que o calendario de xestión do hotel estea actualizado, o channel manager avisará as OTA de que esa habitación xa non está dispoñible. Marabilloso, verdade?


