Que tarifa me convén?
Se a túa ocupación é bastante estable, a plana: sabes sempre o que pagas. Se cambia moito entre tempadas, a variable: nos meses frouxos pagas menos. Se dubidas, escríbenos e calculámolo contigo.
Que inclúe a cota de alta?
Son 290 € por establecemento, unha soa vez. Configuramos o teu aloxamento (habitacións, tarifas, tempadas e usuarios), conectamos as túas canles e formamos o teu equipo por videochamada. Deixámolo listo en menos de 7 días.
Hai permanencia?
Non. Pagas mes a mes e déixalo cando queiras. Se escolles o pagamento anual da tarifa plana, factúrase o ano dunha vez.
Como se calcula a tarifa plana?
49 € por establecemento máis as túas unidades ao prezo do seu tramo: 5,50 € ata 9, 5,00 € de 10 a 24, 4,70 € de 25 a 35, 4,30 € de 36 a 49 e 4,00 € de 50 a 99. Con pagamento anual, un 20 % menos.
Que conta na tarifa variable?
O 1 % do importe das reservas con saída no mes, cun mínimo de 49 €. Págase sempre mes a mes.
Os prezos levan IVE?
Non. Engádese o que corresponda en cada factura (21 % en España).
E se teño varios establecementos?
A cota de 49 € e a alta aplícanse a cada un. Se son moitos, preparámosche unha proposta de grupo.
Que conta como canle de venda?
Cada OTA ou banco de camas conectado. O teu motor de reservas e os metabuscadores non contan. Incluímos 3; desde a cuarta, 7 € ao mes cada unha.
Teño que contratar horas?
Non. A posta en marcha xa vai na alta. As horas só se usan se queres implantar módulos de Odoo que non son de xestión hoteleira, como contabilidade, recursos humanos ou rexistro horario. Roomdoo funciona sobre Odoo Community ou Enterprise: hoxe, sobre Odoo 16, e a comezos de 2027 tamén sobre 17, 18, 19 e 20.