Saltar ao contido

Aviso Legal

Tradución informativa. En caso de discrepancia, prevalece a versión en castelán.

A través do presente Aviso Legal regúlanse as condicións de uso e de navegación do sitio web https://roomdoo.com (en diante “Sitio Web”).

Titularidade da Web

O titular deste Sitio Web é CommitSun Tech, S.L. cos seguintes datos identificativos:

  • CIF: B01642958
  • Domicilio social: Liñariños 20, Folgoso do Courel, 27324 Lugo, España
  • Correo electrónico de contacto: hola@roomdoo.com

Condicións Xerais de Uso do Sitio Web

CommitSun Tech, S.L. resérvase o dereito a modificar as presentes Condicións Xerais de Uso co fin de adaptalas ás novidades lexislativas, xurisprudenciais ou prácticas do mercado. As devanditas modificacións serán aplicables desde a súa publicación no Sitio Web. O uso do Sitio Web por parte do usuario implica a aceptación plena e sen reservas das Condicións Xerais de Uso vixentes en cada momento.

Réxime Xurídico Aplicable

Este Sitio Web suxéitase á lexislación española, incluída a Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSI-CE). Así mesmo, en canto ao tratamento de datos persoais, aplicarase a normativa española de protección de datos (LOPDGDD) e a normativa europea (RXPD). Podes consultar a nosa Política de Privacidade para obter máis información.

Condicións de acceso e utilización do Sitio Web

Usuarios

O acceso ao Sitio Web atribúe a condición de “Usuario”, quen desde ese momento acepta as Condicións Xerais de Uso. Certas seccións ou servizos do Sitio Web poden requirir condicións particulares, que o Usuario tamén acepta ao utilizalos.

Acceso ao sitio web

O acceso aos contidos de https://roomdoo.com é gratuíto, agás os custos derivados da conexión a internet por parte do provedor do Usuario.

Obrigas do usuario

O Usuario comprométese a utilizar o Sitio Web de conformidade coa lei, a moral e a orde pública, así como a non utilizalo con fins ilícitos ou que prexudiquen o funcionamento normal do Sitio Web ou os dereitos de terceiros. Está prohibido introducir calquera contido que infrinxa dereitos de propiedade intelectual ou que poida danar os sistemas de CommitSun Tech, S.L. ou de terceiros.

Propiedade intelectual e industrial

Todos os contidos do Sitio Web, incluídos textos, imaxes, logotipos e demais elementos gráficos, son propiedade de CommitSun Tech, S.L. ou de terceiros, e están protexidos pola lexislación en materia de propiedade intelectual e industrial. Queda prohibida a súa reprodución, distribución, modificación ou calquera tipo de explotación sen a autorización expresa do titular.

Ligazóns externas

O Sitio Web pode conter ligazóns a sitios web de terceiros. CommitSun Tech, S.L. non se responsabiliza dos contidos nin das condicións de uso dos devanditos sitios ligados.

Exclusión de garantías e responsabilidade

CommitSun Tech, S.L. non garante a dispoñibilidade ininterrompida do Sitio Web nin se responsabiliza de calquera dano que se puidese derivar da interrupción do servizo, incluídos problemas técnicos ou erros nos contidos.

Protección de datos persoais

Para obter información sobre o tratamento dos datos persoais dos usuarios, por favor, revisa a nosa Política de Privacidade.

Dereito de exclusión

CommitSun Tech, S.L. resérvase o dereito a denegar ou retirar o acceso ao Sitio Web sen aviso previo a aqueles usuarios que incumpran as Condicións Xerais de Uso.

Lexislación aplicable e xurisdición

Este Aviso Legal réxese pola lexislación española. Calquera conflito que xurda en relación co uso do Sitio Web será sometido aos xulgados e tribunais competentes en España.