Que é un channel manager

Un channel manager é unha ferramenta que che permite conectar o teu PMS coas OTA que hai no mercado.
PMS? OTA? En que idioma estamos a falar? Non te preocupes por nada, aclarámoscho de forma sinxela.
O PMS do teu hotel non é máis ca un software pensado para axudarche nas tarefas de organización e administración da túa propiedade. Se queres ampliar información podes ler esta publicación dedicada a explicar que é un PMS e para que serve.
As OTA son as axencias coas que te conectas para vender habitacións. Por exemplo Booking, Expedia… Podes ler máis detalles sobre que son as OTA neste artigo.
Que é un channel manager
Agora que xa sabes que é un PMS e que é unha OTA, pasamos a explicar que é un channel manager: unha ferramenta que serve para conectar e sincronizar PMS e OTA.
Ademais, permite que o teu PMS estea sempre actualizado e sincronizado coa OTA ou as OTA onde vendas habitacións.
Por exemplo, se alguén reserva unha habitación a través da túa páxina web ou por teléfono, no momento en que o calendario do teu PMS estea actualizado, esta ferramenta avisará as OTA de que esa habitación xa non está dispoñible.
Do mesmo xeito, cando alguén reserve unha habitación a través da OTA, esta habitación aparecerá como non dispoñible no calendario do teu PMS.
Por que necesito esta ferramenta?
Ter un channel manager é fundamental na xestión do teu hotel porque che permite incrementar as vendas. O PMS do teu hotel e Booking (ou a OTA que utilices) estarán sempre sincronizados. Isto fai que a dispoñibilidade en ambos os sistemas estea sempre actualizada.
Se non tes un channel manager, cada vez que alguén reserve unha habitación na túa web ou por teléfono, terás que acceder a Booking de forma manual para actualizar o número de habitacións dispoñibles. Deste xeito, ese paso non é necesario.
Como contrato un channel manager?
Na actualidade hai moitas empresas coas que podes contratar un channel manager, pero, claro, é importante que cumpra dous requisitos:
- Que poida conectarse coa OTA ou as OTA coas que traballas. Isto é bastante común.
- Que poida conectarse co teu PMS. Isto non é tan común.
Por esta última razón, o ideal é contratar un PMS que teña un channel manager integrado. Así tes dous servizos que se necesitan o un ao outro a través da mesma empresa, o cal deriva en menos problemas que resolver e, ao mesmo tempo, en menos facturas que pagar.


