Que é un PMS, un programa de xestión para o teu hotel

Se chegaches aquí preguntándote que é un PMS, estás no lugar axeitado. PMS son as siglas en inglés de Property Management System, ou o que é o mesmo, un sistema de xestión hoteleira.
Cada vez son máis os hoteis que tenden á dixitalización e que deciden poñer fin ás follas de papel e ás libretas, dándolle a benvida a un PMS ou sistema de xestión hoteleira que lles facilite as tarefas do día a día. Se non queres quedar na Idade do Ferro, é hora de poñer mans á obra e comezar a usar un PMS.
Como xa che adiantabamos, un PMS é un software que axuda na xestión dun hotel ou dunha propiedade e permite a organización, administración e xestión das tarefas dun xeito sinxelo e eficiente. Tanto se tes un hotel coma unha casa rural ou apartamentos de aluguer, saber que é un PMS farache a vida máis doada.
Para que serve un PMS
Aínda que pareza difícil de lembrar, un PMS non é máis ca un software adaptado para a xestión dun hotel. Polo tanto, a súa principal funcionalidade será axudarche coa xestión do teu aloxamento.
Estas son algunhas das tarefas para as que serve un PMS
- Xestión de reservas: Confirmalas, cancelalas ou facer o check-in. Emitir facturas e xestionar os pagamentos das reservas finalizadas. Acceder ao calendario de reservas e modificalo.
- Sincronización de reservas e prezos: Non importa de onde procedan: Booking, teléfono, directamente da túa porta… O sistema PMS debería encargarse de actualizar a dispoñibilidade e as condicións automaticamente.
- Control do estado das habitacións: Saber en todo momento se unha habitación está dispoñible, ocupada, lista para limpar ou limpa.
- Comunicación activa cos clientes: A través do teu PMS deberías poder comunicarte co cliente desde o momento da reserva, pasando polos días previos á chegada do hóspede, durante a estadía e despois dela. Ademais, un bo PMS encargarase de conseguir a información e a valoración da experiencia do hóspede.
E estas son algunhas tarefas máis
- Control das necesidades do cliente: Cun PMS podes controlar peticións e necesidades do cliente, como camas extra, berces, servizo de almorzos ou outros servizos requiridos.
- Control de accesos: Se usas un PMS eficiente, xa non estarás atado aos horarios e atrasos na chegada dos teus clientes. Poderás xestionar as entradas e saídas de xeito remoto, xa que toda a información para o check-in estará dispoñible antes de que entren pola porta do hotel.
- Facturación, caixa e pagamentos: Un software de xestión hoteleira ou PMS permíteche xestionar cobros e datos sensibles dos teus clientes de xeito seguro e conforme á normativa, sen saír do sistema. Co sistema de xestión do teu hotel poderás controlar os pagamentos pendentes, os cargos extra a unha habitación, os diferentes métodos de pagamento segundo o cliente. Do mesmo xeito, o ideal é que un PMS poida enviar as facturas automaticamente ao teu xestor.
- Avisos e notificacións: Un sistema de xestión hoteleira pode xerar avisos e notificacións relacionados con tarefas pendentes: clientes aos que hai que responder, reservas pendentes de asignación, contas pendentes de aboar…
- Base de datos de clientes: Se a base de datos do teu PMS é eficiente, poderás gardar detalles personalizados para futuras estadías. Un bo sistema de xestión non só lle serve ao xestor do hotel e aos seus empregados, senón que coida dos clientes, ofrecéndolles unha experiencia perfecta.
Teño un hotel pequeno, necesito un PMS?
Como se adoita dicir, o tamaño non importa. Ter un hotel pequeno non te exime das tarefas de facturación, recepción ou limpeza, as cales deberían ser doadamente administradas e organizadas coa axuda do teu PMS.
O mesmo sucede se tes un apartamento vacacional. Tanto en propiedades grandes coma pequenas hai que xestionar reservas, atender o check-in e as necesidades dos hóspedes, facer a facturación, enviar ás autoridades os datos dos clientes… Por esta razón, saber que é un PMS e para que serve é clave.
Comezar a utilizar un software de xestión hoteleira canto antes non só che facilitará o día a día senón que che axudará na organización da túa propiedade e nunha xestión moito máis eficiente.
Que funcionalidades debe ter un sistema de xestión hoteleira?
O primeiro que tes que considerar é a túa situación particular. Non é o mesmo un PMS pensado para unha gran cadea hoteleira ca un PMS pensado para un hotel pequeno ou unha casa rural. O máis importante dun software de xestión hoteleira é que satisfaga as necesidades do teu hotel e che axude na organización das tarefas cotiás máis importantes.
Para que ti mesmo decidas que PMS che convén, aquí tes as funcionalidades que pode ter un sistema de xestión hoteleira; así avalías cales necesitas no teu caso.
Funcionalidades básicas dun PMS
- Aplicación sinxela, no teu ordenador, no teu teléfono ou na túa tableta. O máis importante dun PMS é que o seu uso sexa intuitivo e sinxelo. Os incómodos programas de escritorio xa son historia.
- Fácil de instalar e de personalizar.
- Calendario intuitivo: Permite manexar con rapidez o estado e a dispoñibilidade das habitacións.
- Sincronización CLOUD: Permite que as túas reservas e os prezos estean sempre actualizados na nube, veñan de onde veñan.
- Paperless: Esquécete de encher formularios cando chega un cliente, toda a información para o check-in estará dispoñible antes de que entren pola porta do hotel.
- Seguridade: Os datos dos teus clientes estarán seguros, cumprindo toda a normativa do RXPD. Ademais nunca volverás ter o risco de perdelos porque estarán nun servidor na nube.
- Envío automático de fichas de clientes ás autoridades
- Xestión de pagamentos e finanzas
- Eficiencia
Funcionalidades extra dun PMS
- Channel manager integrado: O PMS permitirache conectarte con Booking e outras plataformas de reserva de habitacións. Se non sabes que é un channel manager podes lelo aquí.
- Páxina web para o teu aloxamento: Algúns sistemas de xestión ofrecen modelos predeseñados para crear a web do teu aloxamento.
- Motor de reservas: Xunto á web do aloxamento, un PMS completo incluirá motor de reservas para que os clientes fagan a reserva directamente sen ter que pagar comisións a Booking ou outras plataformas.
Agora que xa sabes que é un PMS e para que serve, é o momento de poñer mans á obra e comezar a utilizar o sistema que mellor se adapte ás túas necesidades.
Buscas un PMS para o teu hotel? Roomdoo é un PMS na nube que inclúe channel manager, motor de reservas e sistema de xestión nun só programa. Coñece o PMS de Roomdoo.


